Alvaro Vieito trio


11/01/2014
23.59hs
Entrada de balde


Tras gravar ‘Introducing Álvaro Vieito', (producido por Abe Rábade, editado por Azos Jazz-Falcatruada e distribuído por Nuba-Karonte) o guitarrista e compositor porriñés volve á carga cun completamente renovado repertorio rebosante de enerxía, forza, drama e lirismo no que se fan aínda máis patentes influencias de estilos como o folk, o pop, o rock ou o jazz. Composicións onde conflúen a sinxeleza e honestidade dunha canción de autor, o épico dunha banda sonora e o frescor do through-composed e da improvisación, cun enorme potencial para emocionar ao oínte.

Álvaro Vieito _ guitarra
Alex Salgueiro _ órgano 
Max Gómez _ batería

Vídeos:

http://www.youtube.com/watch?v=JGjCwYROCUg
http://www.youtube.com/watch?v=YqVPMT-yi1E

Audios:
https://soundcloud.com/alvaro-vieito/nexium
https://soundcloud.com/azosjazz/alvarovieito_fordham