Dadel Jazz quartet

05/12/2013
23.59hs
Entrada de balde

Dadel jazz  está formado por Davinia Delgado (voz), Pedro Freijeiro (guitarra) e Gabriel Gasio (contrabaixo).
Son músicos de diversas traxectorias, que se reúnen neste proxecto para interpretar standards de jazz vocal.
Nesta ocasión, con formación de cuarteto, estarán acompañados por Javier Barral á batería.


Davinia Delgado,
cantante de formación lírica, iniciou con este proxecto o seu achegamento ao jazz con notables resultados, á vez que amplía os seus estudos no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Pedro Freijeiro.
Guitarrista formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, onde continúa os seus estudos, que amplía no conservatorio Mayeusis de Vigo.
Participou en numeroso Worskshops impartidos por músicos da talla de Mike Moreno, Darren Barret, Peter Bernstein, Orrin Evans, Gilad Hekselman, Jordi Rossy…


Gabriel Gasio.
Contrabajista, participou en formacións non só de jazz, senón tamén, como baixista e guitarrista, en diversas bandas de folk e rock, e continúa a súa formación co mestre Alexander Grisin.


Javier Barral,
Batería e percusionista, estudou percusión afrocubana con Marcos Varcarcel, flamenco con Luís Casteláns e batería con Ramón Anxo. Continuou no Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra, na escola "Estudo" en Compostela e en Nova York, con músicos como Nasheet Waits, Ari Hoenig, Kendrick Scout e Tony Moreno. Asistiu a masterclases con Jorge Rossy, Peter Bernstein, Michael Kanan, Doyg Weiss, Joe Magnarelli, etc.


Pasa-te polo Vaga a tomarlle unha e disfrutar da mellor música jazz made in Galiza.