Baldosa Amarilla




13/04/2013
23.59hs
Entrada de balde

Baldosa Amarilla é unha banda de pop-rock alternativo que nace no Porriño (Pontevedra) tras subirse por vez primeira a un escenario en 2006, durante o festival universitario Leonardo DaVinci. Baldosa Amarilla -en referencia ao camiño que conduce á Cidade Esmeralda, máis aló do arco da vella da enigmática obra "O mago de Oz"- está constituída por Frus (Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros), Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses (Batería), que percorren ese camiño de volta a casa, de procura da realidade, por moi hostil que esta se nos apareza.